Tempada 08/09

 

CNS PONTEVEDRA FIN DA TEMPADA 2008 / 2009

Tras unha tempada chea de importantes progresos para o noso Club, e chegado o final das competicións oficiais, tomámonos un pequeno e merecido respiro no verán para repor forzas de cara á próxima tempada.

En setembro volveremos dalo todo no que se refire ao deporte da sincronizada en Pontevedra.

Adxuntamos a Memoria do CNS Pontevedra da tempada 2008 / 2009.

Pontevedra, 20 de XULLO de 2009

CNS PONTEVEDRA ELECCIÓNS PRESIDENCIA DO CNS PONTEVEDRA

Tras as eleccións celebradas o pasado día 14 de agosto, a Xunta Directiva do Club de Natación Sincronizada de Pontevedra queda composta do seguinte modo:

Presidente: D. Jesús Jacinto Cazorro Pérez

Secretaria: Dª. Mª Teresa Pérez Couselo

Tesoureira: Dª. Margarita Martínez Sampedro

Vogal Adxunta á Presidencia: Dª. Mª José Martínez Sampedro

Vogais Responsables da Área Deportiva: D. Enrique Virel Tobío, D. Félix Arias Piñeiro e Dª. Miguel Ángel Pérez Acosta

Vogais Responsables de Intendencia e Mantemento: D. Manuel Mesías Barros e Dª. Mª del Pilar Neira Tilve

Vogais Responsables de Protocolo e Relacións Públicas: Dª Antonia Martínez López e Dª Rocío Torres IglesiasVogais: Dª. María Cachafeiro Suárez e Dª. Ana Vázquez Montenegro.De este modo queda finalizado o proceso de elección do Presidente do CNS Pontevedra para o periodo 2009 / 2013.

Pontevedra, 23 de AGOSTO de 2009

CNS PONTEVEDRA X CAMPEONATO DE ESPAÑA ALEVÍN – INFANTIL DE NATACIÓN SINCRONIZADA

O Sincro Pontevedra desplazou a tres das súas nadadoras alevíns, Laura Iglesias, Sabela Vázquez-Garza e Isabel Virel de la Sota, que quedaron as  mellor clasificadas no último Campionato Galego de Nivel celebrado en Ferrol o día 4 de xullo.

As tres participaron na Competición de Figuras, e también fixeron un Solo Laura Iglesias e un Dúo Sabela Vázquez-Garza e Laura Iglesias.

Resultados

Figuras

  • 1ª Clasificada Alba Romero do Club Sevilla Toshiba con 60,115 puntos
  • 2ª Clasificada Andrea Gallego do Club Sincro Retiro con 60,100 puntos
  • 3ª Clasificada Vanesa Nieves do Club Natación Metropole con 60,250 puntos
  • Do Sincro Pontevedra: Laura Iglesias 84ª Clasificada con 48,314 puntos, Sabela Vázquez-Garza 91ª clasificada con 47,441 puntos e Isabel Virel de la Sota 109ª Clasificada con 43,838 puntos.

Solos

  • 1ª Clasificada Raquel Navarro  del Club Sevilla Toshiba con 61,996 puntos
  • 2ª Clasificada Alba Romero del Club Sevilla Toshiba con 61,891 puntos
  • 3ª Clasificada Vanesa Nieves del Club Natación Metrople con 61,680 puntos
  • Del Sincro Pontevedra Laura Iglesias 29ª Clasificada con 45,324 puntos

Dúos

  • 1ª Clasificadas Raquel Navarro e Alba Romero do Club Sevilla Toshiba con 61,777 puntos
  • 2ª Clasificadas María Naulejas e Marina Fernández do Club Real Canoe con 60,062 puntos
  • 3ª Clasificadas Helena Jauma e Tania Hernández do Club Natación Granollers con 59,802 puntos
  • Do Sincro Pontevedra Sabela Vázquez-Garza e Laura Iglesias 26ª clasificadas con 44,606 puntos

Valoración de Sincro Pontevedra

Valoración positiva, dado que as nosas tres nadadoras melloraron todas as súas notas da Competición Figuras obtidas no Campionato Galego nuns 2 puntos cada unha e tamén as melloraron no Solo e no Dúo.

De momento, no se lles pode pedir máis a estas deportistas dado o nivel superior dos clubs gañadores, pero aínda así obtivemos superiores puntuacións que o resto da representación galega desprazada a este Campeonato de España, e tamén lles gañamos a algunhas compoñentes de clubs con moita tradición como o Canoe, Granollers e Metropole.

Pontevedra, 20 de XULLO de 2009

CNS PONTEVEDRA X CAMPEONATO DE ESPAÑA ALEVÍN – INFANTIL DE NATACIÓN SINCRONIZADA

ISABEL VIREL DE LA SOTA, LAURA IGLESIAS E SABELA VÁQUEZ-GARZA 
REPRESENTARÁN O SINCRO PONTEVEDRA NO X CAMPEONATO DE ESPAÑA ALEVÍN-INFANTIL QUE SE CELEBRARÁ ESTE FIN DE SEMANA NA PISCINA DA M 86 EN MADRID

Tres Alevíns do Sincro Pontevedra acudirán ó X Campeonato de España Alevín-Juvenil de natación sincronizada que se celebrará en Madrid entre os días 16 e 19 de xullo.

Competirán un total de 129 nadadoras alevíns (entre os anos 97, 98 e 99) pertencentes a 10 federacións territoriais (galega, murciana, andorrana, asturiana, balear, andaluza, madrileña, canaria, castelano-leonesa e catalana).

Presentamos ás tres nadadoras á Competición de Figuras e:

◦   Un Solo con Laura Iglesias

◦   Un Dúo con Laura Iglesias e Sabela Vázquez-Garza, sendo Isabel Virel a suplente.

Tanto este Solo como el Dúo acaban de proclamarse ouros no último Campionato Galego de Nivel (o día 4 de xullo) na piscina Javier Gómez Noya de Ferrol.

A expedición sairá en avión hoxe mércores e ten prevista a chegada a Madrid sobre ás 15,00 h. Está encabezada por Emilio como Delegado do Club e pola coordinadora de adestradoras, Beatiz Montes.

Para todos será unha experiencia e un premio que lles permitirá codearse coas promesas nacionais da sincro.

Pontevedra, 15 de XULLO de 2009

CNS PONTEVEDRA CAMPEONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE VERÁN TROFEO ASISA DE NATACIÓN SINCRONIZADA

ACEPTABLE ACTUACIÓN DAS NOSAS REPRESENTANTES ESTE FIN DE SEMANA NAS PISCINAS DO CLUB NATACIÓN GRANOLLERS ENTRE OS DÍAS 10 E 12 DE XULLO

Elevadísimo o nivel, como non podía ser de outro xeito, o amosado neste X Campeonato de España Infantil, o que confirma que si que hai relevo xeneracional para as Genma Mengual e compañía para seguir pelexando polos postos nas grandes citas.

O sincro Pontevedra, a pesar de non pasar o corte das 12 primeiras, realizou unha honrosa competición e valora positivamente a experiencia nesta tempada na que se estrea en competición nacional.

A expedición estivo formada por:

◦   Alba Quiroga que realizou un solo no que conseguiu 51,106 puntos que lle valen o posto 24 da clasificación xeral de Solos.

◦   Laura Arias e Irene Penelas que realizaron un dúo e conseguiron 50,118 puntos para así acadar o posto 26 da clasificación xeral de Dúos.

As tres conseguiron boas notas nas catro figuras realizadas e lles queda o pequeno consuelo de ser as mellor clasificadas de toda a representación galega.

Felicitacións para as nadadoras pola boa tempada realizada e o esforzo final que fixeron, extensivas a Charo que as acompañou e fixo labores de Delegada e a Bea e a todo o Equipo Técnico que están a traballar moi duro.

As deportistas do CN Granollers conseguiron facer pleno de victorias. Trala victoria na xornada do sábado na final de Combo, as nadadoras vallesanas impuxéronse na final de Solo, de Dúo e de Equipo, polo que a victoria na clasificación final por clubs foi moi clara.

Á xornada de clausura, á que asistiron o Presidente da RFEN Fernando Carpena, e o Presidente da División de Natación Sincronizada Carlos Touriño, tamén visitaron a piscina algunha das compoñentes da selección española absoluta que disputará a partir da próxima semana o Campeonato do Mundo de Roma 2009, que quixeron estar ó lado de súas compañeiras máis xóvenes para desexarles sorte nas diferentes finais do día.

Resultados

Final dúo

1.Carla Muñoz e Cecilia Jiménez (CN Granollers)

2.Sara Gijón e Elena Navarro (CN Sincro Sevilla Toshiba)

3.Sara Levy e Mar Rebaixet (CN Kallípolis)

Final Solo

1.Carla Muñoz (CN Granollers)

2.Sara Levy (CN Kallípolis)

3.Sara Gijón (CN Sincro Sevilla Toshiba)

Final Equipos

1.CN Granollers

2.CN Kallípolis

3.AD Sincro Retiro

Granollers, 12 de XULLO de 2009

CNS PONTEVEDRA CAMPIONATO GALEGO DE NIVEL DE NATACIÓN SINCRONIZADA (foto 1)

O Sincro Pontevedra revalida o segundo posto da tempada pasada no Campionato Gallego de Nivel, cun total de 881 puntos e conseguindo medallas en todas as categorías.

O sábado 7 de xullo, na piscina Javier Gómez Noya de Ferrol, celebrouse o Campionato Galego de Nivel de natación sincronizada, proba organizada polo Sincro Ferrol e a FEGAN có seguinte horario: Xornada de mañá para as Figuras e pola tarde Rutinas e entrega de medallas.Participaron os Clubs: Sincro Ferrol, Sincro Coruña Banco Gallego,  Natación Ferrol Elinco, Natación Galaico-Sercoysa, Sincro Ourense e Sincro Pontevedra.Na clasificación por clubs, o gañador foi o Sincro Ourense cun total de 1.025 puntos, o segundo posto para o Sincro Pontevedra con 881 puntos e o terceiro para Sincro Ferrol con 867 puntos.O Sincro Ferrol era o club que viña gañando nos últimos anos, pero nesta tempada o Sincro Ourense sacou ventaxa e non foi posible darlle alcance.

Para o segundo, terceiro e cuarto posto foi unha dura pugna entre tres equipos, o Sincro Pontevedra, o Sincro Ferrol e o Galaico, que se resolveu coas pontevedresas de segundas, o Ferrol de terceiras y o Galaico de cuartas con 839 puntos.

Resultado del Sincro Pontevedra

Seis veces subiron ó podium as nosas rapazas neste campionato galego da máxima calificación repartidas en dous ouros en Alevín, dúas pratas en Infantil, un bronce en Xuvenil e o segundo posto na clasificación final por clubs.

Categoría Alevín

Un ouro no solo con Laura Iglesias e un ouro no dúo de Laura Iglesias e Sabela Vázquez-Garza. Estas dúas nadadoras, xunto con Isabel Virel de la Sota, sacaron as tres mellores notas nas Figuras e competirán no próximo campionato de España Alevín que se celebrará en Madrid entre os día 16 e 19 de xullo.

Categoría Infantil

Unha prata no solo con Alba Quiroga e outra prata no equipo con Laura Arias, Raquel Cerqueiro, Marta García, Sabela Marsillas, Laura Millán, Alba Quiroga, Irene Penelas e Alba Vidal. Tamén destacar dúo de Laura Arias e Irene Penelas que alcadaron o cuarto posto nunha tarde na que non lles saíu todo o ben que o poden facer, pero o intentarán de novo no próximo campionato de España Infantil que se celebrará en Madrid entre os días 10 e 12 de xullo.

Categoría Xuvenil

O bronce no combo con Claudia Cazorro, Raquel Cerqueiro, Marta García, Sabela Marsillas, Laura Millán, Alba Quiroga, Alba Vidal, Sabela Vázquez-Garza, Laura Iglesias e Isabel Virel de la Sota.

Un gran campionato o realizado polas trece compoñentes do equipo de Nivel do Sincro Pontevedra que se fajaron coas mellores nadadoras galegas como unhas campionas e non lle perderon a cara á competición en ningún momento.

Unha boa labor do corpo técnico formado por Beatriz Montes, María Costoya, Myriam Viéitez, Silvia Rey y Cristina Albes que fixeron evolucionar moito ás nenas en seguridade de e rapidez e, unha vez rematen os campionatos de España, empezarán a planificar a próxima campaña que comezará a mediados do mes de setembro.

Calificar de completa a tempada realizada polo Club Sincro Pontevedra que tamén obtivo bos resultados na Competición de Base e que continúa coa progresión iniciada dende a súa fundación fai catro anos.

No referente ás Escolas, algunhas nadadoras superaron os niveis da RFEN e se incorporarán próximamente á disciplina do Club.

Pontevedra, 7 de XULLO de 2009

CNS PONTEVEDRA O SINCRO PONTEVEDRA VAISE DE CEA PARA CELEBRAR O FINAL DA TEMPADA 2008 / 2009

Este sábado 27 de xuño, na cafetería do Pazo da Cultura,  tivo lugar a cea de final de tempada do Sincro Pontevedra. Foi unha excusa moi boa para reunir ao equipo que formanos, aos pais,  nadadoras, adestradoras e o persoal que colabora desinteresadamente co Club.

Sentimos as ausencias de Juan Carlos (o que fai esta completa web) e de Valcárcel (que deseñou a maioría dos estupendos carteis desta tempada), pero si poideron acompañarnos Héctor (o que tanto sabe do aparato de música) e Andrés (que é o noso artista coa fotografía).

Está claro que todos facemos unha encomiable labor polas nenas digna de mención.

Este ano se citou a Manuel Mesías e a Emilio Iglesias que, a parte do traballo, aportaron a plataforma de saída das nadadoras e o podium para os xuíces. Grazas de verdade, e outro ano seguro que lles tocará a outros.

Tivemos un recordo especial para Rafael Louzán, José Enrique Sotelo, Miguel Anxo Fernández Lores, Anxos Riveiro, Lete e Carlos Touriño, que sabemos estaban con nós aínda que as súas circunstancias persoais non llo permitiron.

De todos os xeitos estivemos moi ben acompañados, e por elo lles damos as máis efusivas grazas ao Secretario da Escuela Naval Militar de Marín, D. José Luis Guevara Romero, a súa dona Dª Carmela e a Deputada Provincial da Deputación de Pontevedra Dª Paqui Canal.

Foi unha noite de grandes emocións que comezou coa interpretación de Alba Vidal que nos deleitou cun magnífico tema da Oreja.

Cós postres celebramos o cumpreanos de Iria Figueroa, despois houbo un concurso de himnos do Club e un poema que compuxeron as nadadoras que tamén agasajaron ás adestradoras cuns bolsos preciosos e unhas flores.

Claudia lle regalou a Bea un megáfono para que non use tanto as chanclas á hora de corrixir, e Emilio elaborou un DVD cun estupendo resume de toda a tempada que lle entregou a cada nena así como ás autoridades presentes.

As verdadeiras protagonistas da festa, as rapazas, estaban todas moi guapas e alegres, e con sobradas enerxías para cantar e bailar o que fixera falta.

Para rematar houbo desgañite no karaoke que montou Héctor e case nos deron as dúas da mañá sen apenas enterarnos.

Gran recoñecemento para toda a Xunta Directiva que traballou a reo, para os pais que sempre animan e acompañan nos eventos, para as adestradoras que están facendo unha gran labor dende as Escolas ata as de Nivel e a todas as persoas que colaboran desinteresadamente para que este proxecto poida desenvolverse.

Estamos terminando unha tempada magnífica que ven a continuar a progresión que o Club leva dende o seu nacemento.

Este ano aínda nos queda, para rematar, o Campionato Galego de Nivel en Ferrol o día 4 de xullo, o Campionato de España Infantil en Granollers os días 10-12 de xullo e o Campionato de España Alevín en Madrid os días 16-19 de xullo.

Esperemos que todos difrutaran da cea; vémonos dentro duns meses para comezar a seguinte campaña.

Pontevedra, 28 de XUÑO de 2009

CNS PONTEVEDRA GRAN XORNADA DE SINCRO NUN AMBIENTE ALEGRE E FESTIVO NA CELEBRACIÓN DO II TROFEO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Unha marabillosa tarde a que pasamos este sábado na piscina da Escuela Naval Militar de Marín acompañando ás evolucións das nadadoras dos catro clubs participantes, o Aguamarina sincro, o natación Coruña, o natación Portamiña e as nosas do sincro Pontevedra.

Temos claro que non todo ten que ser deporte de competición e este tipo de eventos axudan a fomentar a práctica deportiva en idade infantil e, neste caso, tamén o deporte feminino.

Porque o deporte non é soamente a actividade física senón que tamén significa valores, saúde e calidade de vida.

Participaron nadadoras de Escola, de Base e de Nivel. Estas que fixeron as delicias do numeroso público asistente.

As Escolas están con moita forza e ilusión e se miran nas maiores, querendo imitalas, desexando competir pronto en campionatos e así poder gañar moitos premios e medallas.

As tres Escolas nosas fixéronno estupendo, cunhas coreografías moi vistosas, non exentas de dificultade e compaxinándose moi ben cada unha co resto do equipo. Poden estar satisfeitas porque cumpliron e demostraron o aprendido nestes meses de adestramento e esforzo. Pode que algunha logre pasar, a final de tempada, o nivel I da RFEN.

Mención especial ás componentes da Escola C que era a súa primeira actuación e imaxinamos os seus nervios e as gañas de agradar.

As nadadoras de Base estiveron na súa liña e non desmereceron, notándoselles a satisfacción polos estupendos resultados acadados no Campionato Galego de Base desta tempada, na que como todos recordamos quedaron de 1ª en Base II, de 3ª en Base I e de 2ª no global por Clubs. Ás que as adestradoras consideren, tamén lles queda intentar superar algún nivel da RFEN.

As compoñentes dos equipos de Nivel están afinando a tope a súa preparación, sabendo as citas que teñen pendentes na III xornada de Control de Niveis III, IV, V e VI do 20 de xuño na piscina Rías do Sur, a do Campionato Galego de Nivel do 4 de xullo en Ferrol e algunhas asistirán ó Campionato de España Infantil os días 10-12 de xullo en Granollers e ó Campionato de España Alevín os días 16-19 de xullo en Madrid.

Os premios foron entregados polo Teniente de Navío D. Agustín Calonge e pola Concelleira de Deportes do Concello de Pontevedra Dª María dos Anxos Riveiro.

Agradecemos ós clubs asistentes a súa participación, na confianza de que saíran satisfeitos e podamos volver a contar coa súa presenza en vindeiras ocasións.

As nosas máis expresivas grazas á Escuela Naval Militar de Marín o a o Concello de Pontevedra por patrocinar este evento e sen cuxa colaboración non sería posible levalo a cabo.

O cartel deste II Trofeo foi elaborado de forma desinteresada por D. José Valcarcel que quixo aportar o seu gran de area polo ben do deporte, deste club e das rapazas.

As fotografías publicada na web foron cedidas por D. Andrés Rifón, que leva xa un tempo colaborando co seu traballo artístico e nolas pasa encantado para podelas exponer.

A magnífica e completa páxina web é labor de D. Juan Carlos Morán, que sempre atopa un momento no seu tempo e nos mantén a todos actualizados e informados das novas da sincro.

Moitos besos para as adestradoras que non descansan e están pasando un final de tempada axetreado a tope, a os pais incansables animadores das nenas e á Xunta Directiva e colaboradores que traballan a reo montando e desmontando todo o necesario.

Non podemos olvidarnos de Héctor que está na parte técnica do sonido, montando e supervisando o equipo e sempre atento e pendente de todo.

Pontevedra, 13 de XUÑO de 2009

CNS PONTEVEDRA II TROFEO CONCELLO DE PONTEVEDRA DE NATACIÓN SINCRONIZADA

Organiza: CN Sincronizada Pontevedra

Patrocinan: Concello de Pontevedra, IMD do Concello de Pontevedra e a Escuela Naval Militar de Marín.

Colaboran: Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia e a FEGAN.

Fórmula de competición:

Exhibición de rutinas libres en solos, dúos, equipos e combos.

Categorías de participación:

  • Escola; nadadoras de iniciación que non superaran o nivel I nas probas de aptitude. Presentaranse rutinas libres de equipo, a partir de catro nadadoras sen límite superior e sen considerar os límites de tempo regulamentarios.

Escolas I (nacidas no 97 e menores que non superaran o nivel I)

Escolas II (nacidas no 96 e maiores que non superan o nivel I)

  • Base; nadadoras que so superaron o nivel I en alevín ou II en infantil. Poden presentar unha rutina libre de equipo a partir de catro nadadoras e sen límite superior, sen considerar os límites de tempo regulamentarios.

Base 1 (nacidas no ano 1997 e posteriores (12 anos e menores))

Base 2 (nacidas no ano 1996 e anteriores (maiores de 12 años))

  • Nivel; nadadoras que xa superaron como mínimo o nivel II (categoría alevín) ou o III (para as demáis categorías). Compiten en tres categorías (alevín, infantil, xuvenil e absoluta) con unha rutina libre de equipo (a partir de catro nadadoras), combinada, solo e dúo, sen límite de tempo.

Nivel Alevín: 12 anos e menores (nacidas no 97 e posteriores)

Nivel Infantil: 13, 14 y 15 anos (nacidas nos anos 96, 95 e 94)

Nivel Juvenil: 16, 17 e 18 anos (nacidas nos anos 93, 92 e 91)

Clubes participantes:

  • Club Aguamarina Sincro de A Coruña
  • CN Coruña
  • Club Sincronizada Portamiñá de Lugo
  • Club Sincronizada Pontevedra

Participan un total de 130 nadadoras, que presentan 19 rutinas libres.

Participación do CNS Pontevedra:

  • Tres equipos de Escola
  • Un equipo de Base I
  • Dous equipos de Base II
  • Un dúo alevín de Nivel
  • Un dúo infantil de Nivel
  • Un equipo infantil de Nivel
  • Un combo xuvenil de Nivel

Premios e recordos:

Un Trofeo a cada club e unha bandoleira e unha medalla conmemorativa do evento a cada nadadora participante.

Cariñoso recordo á clase de Artes Gráficas del IES Fogar Príncipe Felipe, capitaneados polo seu mestre Valcárcel, que tamén idearon e deseñaron o cartel anunciador do evento.

Pontevedra, 9 de XUÑO de 2009

CNS PONTEVEDRA CAMPIONATO GALEGO DE BASE DE NATACIÓN SINCRONIZADA TEMPADA 2008 / 2009

AS NADADORAS DO SINCRO PONTEVEDRA PROCLÁMANSE CAMPIONAS EN BASE II, TERCEIRAS EN BASE I E SUBCAMPIONAS ABSOLUTAS POR CLUBS

Magnífico papel o que fixeron as nosas nadadoras no Campionato Galego de Base celebrado este sábado 6 de xuño na piscina Rías do Sur, na competición organizada polo Club Natación Galaico e a FEGAN.

Boa a organización por parte do Club anfitrión e bo ambiente na pileta e nas gradas que animaron incansables a todas as nadadoras que con tanta ilusión competiron.

O sincro Pontevedra, revalida o título de subcampión por Clubs da tempada pasada, e mellora os seus resultados en equipos, confirmando que teñen moita canteira con estas rapazas tan xóvenes, que estiveron disputándolle o campionato por clubs a Ourense ata o último momento. Non foi posible xa que as das Burgas realizaron unha soberbia competición e quedaron xustamente de primeiras.

Aínda que o máis importante é competir, non negamos a satisfacción reinante entre as nosas rapazas que ven premiado con medallas neste Campionato Galego o seu esforzo ó longo de toda a tempada o que lles animará, máis se cabe, para seguir taballando.

RESULTADOS

Campionato por Clubs

◦   Sincro Ourense con 275 puntos

◦   Sincro Pontevedra con 196 puntos

◦   Aguamarina Sincro con 170 puntos

◦   Sincro Ferrol con 126 puntos

◦   Natación Galaico con 91 puntos

Base I (nadadoras de 12 anos e menores)

As compoñentes do equipo Base I do Sincro Pontevedra foron Carmen Domínguez, Icía Fernández, Antía Herrero, Cristina Outeda, Paloma Pardo, Sabela Pazos e Paloma Pérez.

Na parte das Figuras, que puntúan as 12 primeiras para a nota final, citar a Cristina Outeda que quedou 3ª, Icía Fernández 4ª, Sabela Pazos 7ª e a Paloma Pérez 10ª.

Resultados en Base I

◦   Sincro Ourense con 30,477 puntos

◦   Sincro Ferrol con 30,083 puntos

◦   Sincro Pontevedra con 29,137 puntos

◦   Natación Galaico con 27,788 puntos

Base II (nadadoras maoires de 12 anos)

As compoñentes do equipo Base II do Sincro Pontevedra foron Nerea Alonso, Elena Arias, Paula Blanco, Nerea Ferreño, Iria Figueroa, Noemí Loveira, Carla Moledo e Raquel Mesías.

Na parte de figuras citar entre as 12 primeiras a Carla Moledo 4ª, Elena Arias 6ª, Noemí Loveira 10ª e a Paula Blanco 12ª.

Resultados en Base II

4.Sincro Pontevedra con 32,037 puntos

5.Sincro Ourense B con 30,466 puntos

6.Sincro Ourense A con 29,261 puntos

7.Sincro Ferrol con 23,526 puntos

8.Natación Galaico con 17,831 puntos

Felicidades a todas as nadadoras dos dous equipos participantes porque se pode decir que cumpliron, xa que todas levan medalla.

Estiveron arroupadas nas gradas por compañeiras do Club, familiares e amigos e aplaudidas por todo o público asistente.

As adestradoras tamén teñen a súa parte de culpa nestes estupendos resultados polo empeño que poñen e o cariño con que tratan as nadadoras. Lles damos un bico moi forte a Bea, María, Myriam, Silvia e Cristina.

Pontevedra, 8 de XUÑO de 2009

CNS PONTEVEDRA IV TROFEO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE NATACIÓN SINCRONIZADA

ABARROTE DE PÚBLICO PARA PRESENCIAR A FESTA DAS ESCOLAS E DA BASE DA NATACIÓN SINCRONIZADA

Clubs participantes: Aguamarina Sincro de A Coruña, Natación Portamiñá de Lugo, Sincro Ourense, CEXESGA de A Estrada, Natación Galaico-SERCOYSA e Sincro Pontevedra.

Competición por equipos:

Escola I (12 años e menores) nadadoras sin Nivel da RFEN

Escola II (maiores de 12 años) nadadoras sin Nivel da RFEN

Base I (12 años e menores) nadadoras que superaron o nivel I da RFEN

Base II (maiores de 12 años) nadadoras que superaron o nivel I da RFEN

Exhibicións:

Un solo e un dúo de Escola do Club Natación Portamiñá

Un dúo Alevín de Nivel, un dúo Infantil de Nivel, un combo Juvenil de Nivel e o equipo Infantil de Nivel do sincro Pontevedra (todas estas nadadoras tienen superados os niveis II, III ou IV da RFEN)

A Competición

Para as nadadoras o máis importante pode ser gañar, pero para o público quizáis fora o palpar tanta ilusión nas participantes, que os contagiaron a todos, echéndolles o ánimo, e premiaron con grandes aplausos cada unha das coreografías.

As máis xóvenes coas emocións a flor de pel, para algunha era a súa primeira actuación. Todas moi guapas co seu moño e xelatina no pelo, maquilladas e pintadas, co seu bañador de competición decorado e demostrando o traballo realizado nestes meses de adestramento. De seguro que esta xornada teranna grabada na súa retina durante moito tempo.

As máis veteranas xa saben o que é competir, o que non obvia os típicos nervios e as gañas de vencer, pero con grandes desexos de agradar a todos coas cabriolas na auga.

As exhibicións das componentes do club Portamiñá e do Sincro Pontevedra foron magníficas.

Entrega de premios: Polo Deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra, D. José Enrique Sotelo Villar, o Teniente de Navío D. Agustín Calonge Blanco e o Presidente do Sincro Pontevedra D. Jesús Cazorro Pérez.

Achega de medalla e pack de merenda para cada unha das participantes

Achega de un Trofeo ós dos tres primeiros clasificados de cada categoría.

Achega de un Trofeo o Club Portamiñá e outro o Sincro Pontevedra como agradecemento polas exhibicións realizadas.

Desfile final de todas as nadadoras

VALORACIÓN DOS RESULTADOS

Os resultados foron bos, e acadamos o 1º e o 2º posto en Escolas I e el 1º posto co equipo de Base, o que significa que existen nadadoras moi xóvenes que comezan a competir e unha boa canteira para o club. Hai nadadoras de 6 e de 7 anos que prometen (ver resultados).

As nosas nenas non defraudaron e poden estar satisfeitas porque superaron as expectativas, neste difícil e completo deporte que é a natación sincronizada.

Custa moito esforzo configurar unha coreografía e o mérito non é pouco.

Dámoslle a benvida ó club Portamiñá nesta primeira tempada que participa e, dado o nivel que amosaron, non nos cabe dúbida de que teremos que contar con eles para disputar as medallas en próximos campionatos Galegos.

Os pais animaron incansables ás rapazas e contribuiron ó bo ambiente reinante na piscina.

Confiamos que todo o mundo saíra satisfeito deste IV Trofeo Deputación de Pontevedra que é, sen dúbida, a referencia deste tipo de eventos en Galicia.

A Xunta Directiva do Sincro Pontevedra implicouse, como sempre, na organización, e considera un éxito a participación e a asistencia.

Agradecerlle a todos a colaboración, e mención especial a Emilio que nos sorprendeu cunha magnífica plataforma nova para a saída das nadadoras.

Reiterar as grazas a todos os clubs participantes que tan ben se portaron, ó público asistente, ás Autoridades, e especialmente á Escuela Naval Militar de Marín e a Deputación de Pontevedra por facer posible a realización da proba.

Pontevedra, 24 de MAIO de 2009

CNS PONTEVEDRA IV TROFEO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE NATACIÓN SINCRONIZADA

Sábado 23 de mayo de 2009

Marín, Piscina (Escuela Naval Militar) 17:30 horas

Organiza: CN Sincronizada Pontevedra y Federación Galega de Natación.

Patrocina: Deputación Provincial de Pontevedra.

Colaboran: Escuela Naval Militar de Marín, Fundación Deporte Galego y Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Fórmula de competición:

De cada rutina se emitirán dos notas, mérito técnico e impresión artística por un panel formado por tres jueces. La nota final es la suma de la media del mérito técnico y la impresión.

– En las rutinas de Escuela, el mérito técnico valora el número y nivel de ejecución de los elementos técnicos incluidos en la rutina; la impresión artística valora la coreografía y sincronización con la música.

– En las rutinas de Base se aplican los criterios del Reglamento, exceptuando los referidos a la duración de las rutinas, sin penalizaciones por el número máximo de participantes.

Panel de tres jueces de la FEGAN para puntuar y tres más para la Secretaría.

Categorías de participación:

– Escuela; nadadoras de iniciación que no hayan superado el nivel I en las pruebas de aptitud.

Se presentarán rutinas libres de equipo, a partir de cuatro nadadoras sin límite superior y sin considerar los límites de tiempo reglamentarios.

4.Escuelas I (nacidas en el 97 y menores que no hayan superado el nivel I)

5.Escuelas II (nacidas en el 96 y mayores que no hayan superado nivel I)

– Base; nadadoras que solo han superado el nivel I en alevín o II en infantil. Pueden presentar una rutina libre de equipo a partir de cuatro nadadoras y sin límite superior, sin considerar los límites de tiempo reglamentarios.

– Base 1: Nacidas en el año 1997 y posteriores (12 años y menores)

– Base 2: Nacidas en el año 1996 y anteriores (mayores de 12 años)

– Nivel-Exhibiciones:

– Dúos, Combos y Equipos.

Fuera de competición y las nadadoras recibirán un recuerdo por su participación.

Clubes participantes en el IV Trofeo Deputación de Pontevedra; participan un total de 140 nadadoras con 15 rutinas:

4.Club Aguamarina Sincro de A Coruña

5.CN Galaico-Sercoysa

6.Club Natación Sincronizada Ourense

7.Club Natación Sincronizada Portamiñá de Lugo

8.CEXESGA (A Estrada)

9.Club Natación Sincronizada Pontevedra

Participación del CNS Pontevedra:

Compite con sesenta nadadoras, todas federadas y distribuidas en cinco Equipos: dos de Escuela I, uno de Base I y dos de Base II.

Exhibiciones de un Dúo Alevín de Nivel, un Dúo Infantil de Nivel, un Combo Juvenil de Nivel y un Equipo Infantil de Nivel.

Pontevedra, 15 de MAIO de 2009

CNS PONTEVEDRA COMPETICIÓN DE RUTINAS LIBRES DE NIVEL 2009

DESENVOLVEMENTO DA XORNADA

O mellor da natación sincronizada galega deuse cita este sábado na piscina da Escuela Naval Militar de Marín, coas súas coreografías.

Foi un espectáculo observar as peripecias das nadadoras que nos puxeron a pel de galiña a máis dun dada la beleza, armonía e dificultade dos movementos exhibidos na auga.

Os primeiros en competir foron os Dúos, despois os Equipos e, finalmente, os Combos, empezando pola categoría Alevín, Infantil e Xuvenil. O finalizar procedeuse a un desfile das nadadoras.

A entrega de premios ás tres primeiras clasificadas de cada proba foi a cargo do Comandante Director da ENM de Marín D. José Luis Urcelay Verdugo, o Deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra D. José Enrique Sotelo Villar o Presidente do Sincro Pontevedra D. Jesús Jacinto Cazorro Pérez.

VALORACIÓN RESULTADOS CNS PONTEVEDRA

O SINCRO PONTEVEDRA ACADA TRES PRIMEIROS E UN SEGUNDO POSTO, CONSEGUINDO SUMAR 210 PUNTOS PARA O CAMPIONATO GALEGO DE NIVEL POR CLUBS

Un excelente resultado nesta competición que é o equivalente a un Campionato Galego de Rutinas de Nivel.

1º posto dúo categoría alevín con Laura Iglesias e Sabela Vázquez-Garza con 28,60 puntos, seguidas do sincro Ourense con 27,70 puntos.

1º posto en dúo categoría infantil con Laura Iglesias e Irene Penelas con 33,10 puntos, seguidas do sincro Coruña con 32,30 puntos e do sincro Ourense con 31,30 puntos.

Estas catro nenas, xunto con Ana Hermida e Isabel Virel xa competiron este ano a nivel nacional no campionato de España Alevín-Infantil celebrado en Granollers os días 4 e 5 de abril conseguindo un resultado satisfactorio dado que era o seu estreo neste tipo de competicións e a solera que teñen clubs de outras Comunidades Autónomas como cataláns, madrileños, andaluces e canarios na práctica deste deporte.

1º posto en equipos categoría infantil con Laura Arias, Raquel Cerqueiro, Marta García, Sabela Marsillas, Laura Iglesias, Alba Quiroga, Irene Penela e Alba Vidal con 33,30 puntos, seguidas do sincro Ourense con 26,80 puntos e do Natación Galaico con 25,60 puntos.

Con este resultado o sincro Pontevedra gaña en dúos e en equipos na categoría infantil. Mellor imposible.

2º posto en equipos combo categoría Xuvenil con Laura Arias, Raquel Cerqueiro, Claudia Cazorro, Marta García, Ana Hermida, Laura Iglesias, Alba Quiroga, Sabela Marsillas, Sabela Vázquez-Garza, Alba Vidal e Isabel Virel con 33,30 puntos, seguidas do sincro Coruña con 32,40 puntos e precedidas do Sincro Ferrol con 36,30 puntos.

Esta categoría Xuvenil é a de máis idade nestes momentos (non hai competidoras en categoría absoluta maiores de 18 anos) e nos atopamos contentos polo resultado xa que o noso combo está formado por unha nadadora xuvenil de primeiro ano (Claudia Cazorro), por catro nadadoras alevíns (Isabel Virel, Ana Hermida, Laura Iglesias e Sabela Vázquez-Garza) e as restantes son de categoría infantil. Todas son nadadoras moi xóvenes que están competindo con outras de máis idade e dando a talla.

Moi alto o nivel xeral da competición e apréciase unha mellora importante na “sincro” en Galicia, tanto a nivel deportivo, en parte pola experiencia que van adquirindo técnicos e nadadoras, como na organización dos eventos.

Parece que se está traballando en serio dende os clubs, apostando por este deporte, e tamén a FEGAN e a Xunta de Galcia, por exemplo convocando a xuíces de categoría nacional ás probas e levando adiante o proxecto de tecnificación de natación sincronizada.

Todos saímos da piscina cun subidón, as peores as nadadoras, que foron a tomar un kebap para relaxarse e celebrar o éxito.

O cartel foi deseñado pola clase de artes gráficas do IES  Fogar Provincial Príncipe Felipe, ós que lles agradecemos de corazón a súa colaboración, e a Valcárcel que é o seu mestre.

Especial agradecemento á Deputación de Pontevedra por patrocinar esta proba e á Escuela Naval Militar de Marín que tanto fomenta o deporte entre a nosa xuventude.

Pontevedra, 11 de MAIO de 2009

CNS PONTEVEDRA COMPETICIÓN DE RUTINAS LIBRES DE NIVEL 2009

A competición terá lugar en Marín, na piscina da Escuela Naval Militar ás 17:00 horas do 9 de maio (quecemento ás 16:00 horas).

Organizan e patrocinan: CN Sincronizada Pontevedra, Federación Galega de Natación, Exma. Deputación Provincial de Pontevedra e Escuela Naval Militar de Marín.

Colaboran: Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Fundación Deporte Galego.

Fórmula de competición

Equipo; a partir de tres (3) nadadoras e máximo de oito (8). Para confeccionar o equipo pódense mezclar categorías, pero considerase a todo o equipo da categoría máis alta. Para os combos e os dúos seguirse a mesma norma. Non se acepta a presentación de solos.

Combinada; a partir de catro (4) nadadoras e máximo de dez (10). Na Libre Combinada as compoñentes fan unha combinación de rutinas (Solo, Dúo, Trío, Equipo). Polo menos dúas (2) das partes deben ter menos de tres (3) competidoras e polo menos dúas (2) das partes deben tener de catro (4) a dez (10) competidoras.

O comezo da primeira parte da rutina pode ser fóra ou dentro da auga.

Todas as partes seguintes deben empezar na auga. Unha parte nova comeza onde a parte previa terminou.

Dúo

A nota final é a suma da media do mérito técnico e a impresión artística eliminando anteriormente a nota máis baixa e a máis alta.

Panel de cinco xuíces coa intervención dun xuíz de categoría nacional.

Categorías de participación:

  • Alevín: 12 anos e menores (nacidas no 97 e posteriores).
  • Infantil: 13, 14 e 15 anos (nacidas nos anos 96, 95 e 94).
  • Juvenil: 16, 17 e 18 anos (nacidas nos anos 93, 92 e 91).
  • Absoluta: maiores de idade (nacidas no 90 e anteriores).

Para participar nesta competición esíxese ter, como mínimo, o nivel II da RFEN para as nadadoras alevíns e o nivel III para as infantís, xuvenís e absolutas.

Clubs participantes:

◦   Club Sincronizada Ferrol con un (1) dúo infantil, dous (2) dúos xuvenís e un (1) combo xuvenil.

◦   CN Coruña con dous (2) dúos infantís, un (1) dúo xuvenil e un (1) combo xuvenil.

◦   CN Galaico con dous (2) dúos infantís, un (1) equipo infantil e un (1) combo infantil.

◦   Club Sincronizada Ourense con un (1) dúo e un (1) equipo alevín, un (1) dúo e un (1) equipo infantil e un (1) dúo e un (1) equipo xuvenil.

◦   Club Sincronizada Pontevedra con un (1) dúo alevín, un (1) dúo infantil, un (1) equipo infantil e un (1) combo xuvenil.

Total de participación son cinco (5) equipos, catro (4) combos e trece (13) dúos.

Participación do CNS Pontevedra:

O sincro Pontevedra participa con trece nadadoras:

Nadadoras Alevíns

Hermida Péreaz, Ana

Iglesias Comesaña, Ana

Vázquez-Garza Varela,Sabela

Virel de la Sota, Isabel

Nadadoras Infantís

Arias Gracía, Laura

Cerqueiro Pazos, Raquel

García Martínez, Marta

Marsillas Rascado, Sabela

Millán Mayoral, Laura

Quiroga Silveira, Alba

Penelas Pintos, Irene

Vidal Maña, Alba

Nadadora Xuvenil

Cazorro Fernández, Claudia

Pontevedra, 5 de MAIO de 2009

CNS PONTEVEDRA VALORACIÓN DA COMPETICIÓN DE RUTINAS TÉCNICAS DE BASE 2009

SATISFACCIÓN COS DOUS SEGUNDOS POSTOS CONSEGUIDOS POLOS EQUIPOS DE  BASE I E BASE II NA COMPETICIÓN DE RUTINAS TÉCNICAS DE  BASE CELEBRADA ESTE SÁBADO 25 NA PISCINA DA ESCUELA NAVAL MILITAR DE MARÍN

Bos resultados os do CNS Pontevedra que consigue os dous  subcampionatos, tanto en Base I (12 años e menores) como en Base II (maiores de 12 años) nesta Competición de Rutinas Técnicas de Base, froito do esforzo das nenas e da boa labor do corpo técnico que se conxuntan traballando e cheas de ganas de mellorar día a día.

Felicidades a todas as que competiron e ánimo ás que quedaron de suplentes porque outra vez lles tocará a elas ser as titulares.

A competición foi moi reñida dado o nivel máis que aceptable das 10 Rutinas participantes.

Os primeiros en saltar a auga foron os equipos de Base I con catro Rutinas, continuando os de Base II coas outras seis Rutinas.

RESULTADOS

CATEGORÍA BASE I

CATEGORÍA BASE II

1º Natación Galaico-Sercoysa con 19,167 puntos

1º Aguamarina Sincro de A Coruña con 22,500 puntos

2º Sincro Pontevedra con 17,167 puntos

2º Sincro Pontevedra con 21,833 puntos

3º Sincro Ferrol con 17,000 puntos

3º Sincro Ourense con 19,000 puntos

Compoñentes do Base I do Sincro Pontevedra:

Carmen Domínguez, Icía Fernández, Soledad Candela García, Antía Herrero, Helena Larrinoa, Cristina Outeda, Paloma Pardo, Sabela Pazos e Paloma Pérez.

Compoñentes do equipo de Base II do sincro Pontevedra:

Nerea Alonso, Elena Arias, Sara Blanco, Nerea Ferreño, Iria Figueroa, Itzíar Guisasola, Noemí Loveira, Marta Martínez, Raquel Mesías, Carla Moledo e Paula Blanco.

O finalizar procedeuse ó desfile de todas as participantes e á posterior entrega de diplomas acreditativos ás tres primeiras clasificadas de cada categoría.

Na piscina reinou un estupendo ambiente deportivo e o entusiasta público animou a rachar as evolucións das deportistas.

Como novidade montáronse dúas plataformas, unha para a saída das nadadoras e outra, máis elevada, para os Xuíces da Competición.

Vaise notando unha importante melloría en todos os aspectos, tanto no relativo a organización das probas como, a nivel deportivo, na calidade dos xuíces, na elaboración das coreografías, na parte técnica, a música e na beleza e dificultade crecente dos saltos e das figuras que realizan estas xóvenes rapazas.

O control da Competición correu a cargo dunha Xuíza de categoría nacional que coordinaba ós outras Xuíces; dende aquí felicitamos á FEGAN por traela e creemos se debe seguir nesa liña, que marcou as pautas e criterios que rexiron a Competición.

Esta é unha labor de todos, que aprendemos algo cada día e nos esforzamos por dar pasos firmes na boa dirección, para o que necesitamos o apoio das Administracións, para que esta vea non se apague, máis ben todo o contrario, e tanta ilusión e dedicación das nenas non se trunque por non poder dispoñer das necesarias horas de adestramento impartidas por adestradoras de calidade.

Esta Competición contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Pontevedra, do IMD do Concello de Pontevedra, da Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Agradecemento especial á Escuela Naval Militar de Marín pola súa encomiable disposición e por facer posible esta Competición que tanto fomenta o deporte entre a nosa xuventude.

Con estes resultados o CNS Pontevedra suma 44 puntos máis para o campionato galego de Base por clubs que nestes momentos e, a falta da disputa da xornada do día 6 de xuño do Campionato Galego de Base, está a disputar en dura pugna co Sincro Ourense.

Un desinteresado e eficaz traballo de toda a Directiva do “sincro” Pontevedra e destacar os pais e as nadadoras que acompañan e animan en todo momento ás compañeiras.

Moitas grazas e un bico de todos a os alumnos de Artes Gráficas del IES Carlos Oroza e o seu mestre Valcárcel que con tanto gusto e cariño nos deseñaron os carteis que anunciaron a proba.

Pontevedra, 27 de ABRIL de 2009

CNS PONTEVEDRA COMPETICIÓN DE RUTINAS TÉCNICAS DE BASE 2009

A competición terá lugar en Marín, na piscina da Escuela Naval Militar ás 11:00 horas do 25 de abril.

Organizan: CN Sincronizada Pontevedra e FEGAN.

Patrocinan: Concello de Pontevedra, IMD do Concello de Pontevedra, Escuela Naval Militar de Marín, Deputación Provincial de Pontevedra, Fundación Deporte Galego e Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Fórmula de competición

Competición por equipos, nas que cada Club pode presentar a lo menos unha rutina de equipo formado por un mínimo de 4 e un máximo de 8 nadadoras. A rutina debe incluir obrigatoriamente os seguintes aspectos:

  • Un percorrido mínimo de un largo de piscina (25 metros)
  • Unha duración máxima de dous minutos
  • Unha acción de brazos en cadencia
  • Dúas figuras escollidas entre as 6 dos grupos opcionais.

Categorías de participación

  • Base I: Nadadoras nacidas no ano 1997 e posteriores (ata 12 anos)
  • Base II: Nadadoras nacidas no ano 1996 e anteriores (maiores de 12 anos)

Todas as nadadoras deben ter tramitada a licencia federativa superado as probas de Nivel I.

Clubs participantes

  • Club Aguamarina Sincro – 1 equipo de Base II.
  • CN Galaico-Sercoysa – 1 equipo de Base I e 1 equipo de Base II.
  • Club Sincronizada Ourense – 1 equipo de Base I e 2 equipos de Base II.
  • Club Sincronizada Pontevedra – 1 equipo de Base I e 1 equipo de Base II.
  • Club Sincronizada Ferrol – 1 equipo de Base I e 1 equipo de Base II.

Participación total

Participan un total de 78 nadadoras e 10 equipos, sendo catro equipos na competición de categoría de Base I e seis equipos na competición de categoría de Base II.

Participación do CNS Pontevedra

Competimos con 19 nadadoras en dous equipos, un de Base I e un de Base II coas seguintes nadadoras:

EQUIPO DE BASE I

EQUIPO DE BASE II

Domínguez Caamaño, Carmen

Alonso González, Nerea

Fernández Bouzón, Icía

Arias García, Elena

García Neira, Soledad Candela

Blanco Vázquez, Sara

Herrero Portela Antía

Ferreño Domínguez, Nerea

Larrinoa Pérez, Helena

Figueroa Torres, Iria

Outeda Rúa, Cristina

Guisasola González, Itzíar

Pardo Vázquez, Paloma

Loveira Martínez, Noemí

Pazos Pérez, Sabela

Martínez González, Marta

Pérez Saburido, Paloma

Mesías Santiago, Raquel

Moledo Martínez, Carla

Blanco Cobián, Paula

Quecemento a partir das 10:00 h.

Inicio da competición ás 11:00 h. coa categoría Base I e a continuación a  categoría Base II.

Desfile de todas as nadadoras.

Entrega de diplomas ás tres primeiras clasificadas de Base I e de Base II.

Pontevedra, 23 de ABRIL de 2009

CNS PONTEVEDRA X CAMPIONATO DE ESPAÑA ALEVÍN-INFANTIL DE INVERNO DE NATACIÓN SINCRONIZADA

PROMETEDOR ESTRENO EN COMPETICIÓN NACIONAL DAS NOSAS NADADORAS EN GRANOLLERS

BO PAPEL DAS CATRO NADADORAS ALEVÍNS E DAS DÚAS INFANTÍS DO SINCRO PONTEVEDRA QUE NON DESENTONARON ENTRE A ÉLITE DA NATACIÓN SINCRONIZADA ESPAÑOLA

A canteira da “sincro” española deuse cita este fin de semana en Granollers no X Campeonato de España Infantil-Alevín de Inverno, Trofeo Asisa de Natación Sincronizada (os días 4 e 5 de abril) nas finais de Figuras Alevín e Infantil.

O gran nivel xeral exhibido polos diferentes clubs parece garantir o relevo xeneracional para a selección española absoluta que, como todos sabemos, está no máis alto e pelexando polos postos de todos os campionatos a que asiste.

Para o Club Natación Sincronizada Pontevedra este foi o seu estreno en competición estatal, no que consideramos un paso máis na nosa evolución xa que pasamos a medirnos cos mellores clubs españois, sabendo que a maioría deles levan moito tempo funcionando e cunha dilatada traxectoria nas súas costas.

O obxectivo está cumprido xa que eramos conscientes de que non podiamos aspirar a metais nesta ocasión. O que si fixemos foi unha moi honrosa e ilusionante participación. Destacar ás seis nadadoras, que o CNS desprazou, que conseguiron boas puntuacións, entre os 4 e os 6 puntos en cada figura, o que non é pouca cousa e amosa o gran nivel técnico que xa teñen adquirido na execución das mesmas.

Cada nadadora realizou cuatro figuras: dúas obrigatorias e dúas froito dun sorteo efectuado pola RFEN.

RESULTADOS CATEGORÍA ALEVÍN

Figuras obrigatorias: Paseo de Frente e Tintorera

Figuras do sorteo: Patada a la Luna e Bailarina

Primeira clasificada Vanessa Nieves do CN Metropole con 62,729 puntos

Segunda clasificada Raquel Navarro do Sincro Sevilla con 62,391 puntos

Terceira clasificada Carmen Juárez do A D Retiro con 61, 478 puntos

PUNTUACIÓNS ALEVÍNS DO CNS PONTEVEDRA

  • ISABEL VIREL DE LA SOTA: 48,895 PUNTOS
  • SABELA VÁZQUEZ-GARZA VARELA: 48,199 PUNTOS
  • LAURA IGLESIAS COMESAÑA: 47,678
  • ANA HERMIDA PÉREZ: 42,010 PUNTOS

RESULTADOS CATEGORÍA INFANTIL

Figuras obrigatorias: Cola de pez lateral e Flamenco Rodilla Doblada

Figuras do sorteo: Pez espada e Marsopa Tirabuzón 360º

Primeira clasificada Sara Gijón do Sincro Sevilla con 69,238 puntos

Segunda clasificada Nayara María Peña do CN Las Palmas con 68,220 puntos

Terceira clasificada María Campos do Sincro Sevilla con 67,696 puntos

PUNTUACIÓNS INFANTÍS CNS PONTEVEDRA

  • IRENE PENELAS PINTOS: 47,808 PUNTOS
  • LAURA ARIAS GARCÍA: 46,824 PUNTOS

As nosas nadadoras deron a talla e non lles pesou en exceso a responsabilidade de levar a representación, xunto coas de Coruña, da “sincro” galega neste Campionato de España, traéndose para casa unha experiencia inolvidable que de seguro as motivará no seu empeño de adestrar duro e mellorar día a día na súa formación.

O equipo técnico do CNS Pontevedra, encabezado por Beatriz Montes e María Costoya, está realizando unha gran labor con todas as nadadoras do Club, avanzando moito en pouco tempo, sabendo do gran camiño que nos queda por percorrer ata poder equipararnos a equipos, de outras partes de España, donde este deporte leva moito máis tempo practicándose.

Pontevedra, 6 de ABRIL de 2009

CNS PONTEVEDRA PRÓXIMA CELEBRACIÓN DA 2ª XORNADA DE CONTROL DE NIVEIS III, IV, V E VI

Este sábado 14 de marzo, nas instalacións da piscina Rías do Sur en Pontemuíños e organizado por el CN Galaico-Sercoysa e a FEGAN, celebrarase a 2ª xornada de Control de niveis III, IV, V e VI de natación sincronizada.

Na sesión de mañán que comezará ás 11:00 h (arrequecemento ás 10:00 h) realizarase o control de Nivel III, coas probas de nado ó final da sesión.

Na sesión de tarde que comeza ás 17:00 h (arrequecemento ás 16:00 h)  realizaranse os controis de niveis IV, V e VI, coas probas de nado ó final da sesión.

Nós convocamos a dúas nadadoras Infantís para intentar superar o Nivel IV da RFEN:

  • Sabela Marsillas, que soamente está pendente de superar as probas de natación de 200 m. estilos (nun tempo inferior a 2′ 18”) e a de100 m. pés crawl (nun tempo inferior a 2′ 4”). Esta nadadora xa superou toda a parte de sincronizada referida a Figuras, Habilidades e Rutina no anterior control do 17 de xaneiro.
  • Alba Quiroga, que terá que presentarse ó nivel IV completo, tanto ás probas de natación como á parte de sincronizada.

Se estas dúas nadadoras superan todo o Nivel IV sumaranse ás outras seis que xa con seguridade asistirán ó Campionato de España Alevín e Infantil de inverno os días 4 e 5 de abril que terá lugar en Granollers, e que son:

◦   Sabela Vázquez-Garza (alevín)

◦   Laura Iglesias (alevín)

◦   Isabel Virel de la Sota (alevín)

◦   Ana Hermida (alevín)

◦   Laura Arias (infantil)

◦   Irene Penelas (infantil)

Sorte e ánimo, que xa imos dando pasos importantes pouco a pouco.

Pontevedra, 12 de MARZO de 2009

CNS PONTEVEDRA VALORACIÓN RESULTADOS COMPETICIÓN DE FIGURAS DE NIVEL; EXCELENTE ACTUACIÓN DAS NADADORAS DO CNS PONTEVEDRA; LAURA IGLESIAS CAMPIONA GALEGA DE FIGURAS E SABELA VÁZQUEZ-GARZA SUBCAMPIONA, AMBAS NA CATEGORÍA ALEVÍN

Dúas nadadoras Alevíns do Sincro Pontevedra acadan os dous primeiros postos na Competición de figuras de Nivel celebrada este domingo na piscina de Caranza en Ferrol.

As puntuacións finais foron as seguintes:

  • 1º posto: Laura Iglesias – 20,316 puntos
  • 2º posto: Sabela Vázquez-Garza – 20,160 puntos
  • 3º posto: Carlota Fernández – 19,353 puntos

A Competición Alevín consistiu na elaboración de catro figuras, das que dúas (Paseo de Fente e Tintorera) son obrigatorias e as outras dúas (Marsopa e Pierna de Ballet Simple) son froito dun sorteo efectuado uns días antes na sede da FEGAN.

Estas nadadoras demostraron o seu excelente nivel técnico e asistirán representando ó CNS Pontevedra, ó vindeiro Campionato de España Infantil-Alevín de inverno que se celebrará os días 4 e 5 de abril en Granollers.

Estes resultados avalan a magnífica labor das adestradoras e amosan a evolución destas nenas que, a pesares da súa xuventude, son xa toda unha referencia na “sincro” galega e teñen precisamente nesa xuventude o seu principal activo.

Nas categorías infantil e xuvenil resaltar o bo nivel xeneral das compoñentes do equipo, conseguindo todas as nadadoras puntuacións en cada figura entorno ós 4 puntos ou incluso superiores.

Resultados na categoría Infantil

Os tres primeiros postos foron para nadadoras do Elinco-Ferrol. As nosas conseguiron o décimo posto de Laura Arias con 21,075 puntos, o doceavo de Alba Quiroga con 20,981 puntos, o treceavo de Irene Penelas con 20,961 puntos o dezaoito con Alba Vidal 20,485 puntos, o vintasete Marta García con 19,231 puntos, o vintanove Sabela Marsillas con 18,522 puntos, o trinta Raquel Cerqueiro con 18,424 puntos e o trinta e tres Laura Millán con 16,345 puntos.

Resultados na categoría Xuvenil

Os tres primeiros postos foron para nadadoras do Sincro Ferrol. Boa actuación de Claudia Cazorro, que no seu primeiro ano na categoría, e con 20,970 puntos acadou o onceavo posto dunha Competición que supón o máximo nivel ó que se compite nestes momentos na natación sincronizada en Galicia.

Parece claro que algo se move na sincro galega nunha dirección imparable para que este deporte se consolide e se enraice definitivamente entre a nosa xuventude. A mellor evidencia é o número crecente de licencias nestas últimas tempadas, a creación dun novo club na cidade de Lugo, tamén que o Naútico de Vigo retomara esta especialidade despois de abandonala fai xa uns poucos anos.

Loable o apoio dos pais das nadadoras que acompañaron a expedición do CNS Pontevedra e animaron o equipo.

             Pontevedra, 9 de FEBREIRO de 2009

CNS PONTEVEDRA DESPRAZAMENTO DO CNS PONTEVEDRA Á COMPETICIÓN DE FIGURAS DE NIVEL EN FERROL

O CNS Pontevedra despraza a Ferrol ás subcampionas galegas de Nivel da tempada pasada. Asistimos con 13 nadadoras de Nivel a Ferrol á proba que terá lugar o 8 de febreiro na piscina de Caranza.

A competición está organizada polo Sincro Ferrol e a FEGAN en dúas sesións, participando de mañá as alevíns e pola tarde o resto das categorías.

As nadadoras deberán realizar catro figuras da súa categoría, sendo dúas obrigatorias e dúas correspondentes a un sorteo que se realizou na FEGAN.

Os clubs participantes son Sincro Ferrol, CN Ferrol-Elinco, Natación Coruña Banco Gallego, Sincro Ourense, Natación Galaico-Sercoysa, e o Sincro Pontevedra.

Estamos convencidos de que todas darán o mellor que teñen e de que competirán con forza e ilusión como nos teñen acostumados e non desmerecerán a excelente actuación do equipo de Base en Ourense.

Sorte a todas nesta xornada tan importante, na que se evalúan os seus coñecementos técnicos nunha competición e que é o equivalente a un Campionato Galego de Figuras, xa que é a única competición deste estilo da tempada e tamén é puntuable para o Campionato Galego Absoluto que se celebrará en Ferrol o 27 de xuño.

             Pontevedra, 3 de FEBREIRO de 2009

CNS PONTEVEDRA VALORACIÓN DOS RESULTADOS DA COMPETICIÓN DE FIGURAS DE BASE

Este sábado 31 de xaneiro, na piscina Rosario Dueñas de Ourense, celebrouse a competición de Figuras de Base de natación sincronizada en xornadas de mañá e de tarde.

Esta é a segunda proba do calendario oficial da FEGAN para a tempada 2008 / 2009 e o equivalente a un Campionato Galego de Figuras de Base.

A competición consistiu na realización de dúas figuras obrigatorias que marca o regulamento e que avalía os coñecementos técnicos das nadadoras e inclúe ás categorías de Base I (12 anos e menores e co nivel I da RFEN superado) e ás nadadoras de Base II (maiores de 12 anos e co nivel I ou II superado).

Non podemos queixarnos dos resultados como o demostra o segundo posto en Base I obtido por Cristina Outeda, que recibiu o correspondente diploma que se lle entrega ás tres primeras clasificadas. Importante o sexto posto de Antía Herrero, o oitavo de Helena Larrinoa o décimo de Icíar Fernández e o onceavo de Sabela Pazos, e unha excelente actuación de Paloma Pérez Saburido, co que o Sincro Pontevedra coloca a cinco de súas nadadoras dentro das once primeiras en Base I en Galicia.

En Base II o club Aguamarina Sincro de A Coruña acadou os tres primeiros postos coas nadadoras Noelia Puente, Sara Hierro e María Carrera. O Sincro Pontevedra alcanzou o sexto posto con Elena Arias, o sétimo con Nerea Ferreño, e o oitavo (compartido) con Raquel Mesías, amosando o moi bo nivel en xeral de todas as compoñentes do equipo, e son puntuacións importantes para a puntuación global.

Estas xóvenes rapazas están ilusionadas e saben que o esforzo é a clave do éxito.

Resaltar a moi boa labor das adestradoras Beatriz Montes, María Costoya, Myriam Viéitez, Silvia Rey e Cristina Alves.

Os pais das nadadoras do CNS Pontevedra acompañaron á expedición dando ánimos ás rapazas.

             Pontevedra, 2 de FEBREIRO de 2009

CNS PONTEVEDRA COMPETICIÓN DE FIGURAS DE NIVEL

O Sincro Pontevedra despraza a 13 das súas nadadoras de Nivel a Ferrol á proba que terá lugar este domingo 8 de febreiro na piscina de Caranza.

A competición está organizada polo Sincro Ferrol e a FEGAN e se celebrará en dúas sesións, competindo de mañá as alevíns e pola tarde o resto das categorías.

As nadadoras deberán realizar catro figuras da súa categoría, sendo dúas obrigatorias e dúas correspondentes a un sorteo que se realiza na FEGAN.

Os clubs participantes son o Sincro Ferrol, Sincro Coruña, Sincro Ourense, Natación Galaico-Sercoysa e o Sincro Pontevedra.

As nadadoras convocadas polo CNS Pontevdra son:

Nadadoras Alevíns

  • Hermida Pérez, Ana
  • Iglesias Comesaña, Laura
  • Vázquez Garza Varela, Sabela
  • Virel De La Sota, Isabel

Nadadoras Infantís

  • Arias García, Laura
  • Cerqueiro Pazos, Raquel
  • García Martínez, Marta
  • Marsillas Rascado, Sabela
  • Millán Mayoral, Laura
  • Penelas Pintos, Irene
  • Quiroga Silveira, Alba
  • Vidal Mañá, Alba

Nadadora Xuveníl

  • Cazorro Fernández, Claudia

Estamos convencidos de que todas darán o mellor que teñen e de que competirán con forza e ilusión como nos teñen acostumados.

Sorte nesta importante competición, na que se evalúan os coñecementos técnicos das nadadoras, que significa o equivalente a un Campionato Galego de Figuras de Nivel por ser a única deste estilo que se celebra no ano e tamén puntuable para o Campionato Galego de Nivel absoluto que se celebrará en Ferrol o día 27 de xuño.

Pontevedra, 2 de FEBREIRO de 2009

CNS PONTEVEDRA RESULTADOS CONTROL NIVEIS III, IV, V e VI

O pasado sábado 17 de decembro, organizado polo Sincro Pontevedra e a FEGAN, celebrouse na piscina do CGTD o 1º control de niveis II, IV, V e VI de natación sincronizada do calendario oficial desta tempada e que son a chave para a participación nos próximos campionatos de España.

Participaron un total de 40 nadadoras dos clubs galegos:

  • Club Sincro Ferrol
  • Club Sincro Pontevedra
  • CN Galaico-Sercoysa
  • CN Coruña Banco Gallego

El Club Natación Sincronizada Pontevedra presentou a dez nadadoras, tres alevíns, seis infantís e unha xuvenil con moi bos resultados:

NADADORAS DO CNS PONTEVEDRA QUE SUPERARON O NIVEL III:

▪   Laura Iglesias

▪   Sabela Vázquez-Garza

▪   Isabel Virel de la Sota

▪   Claudia Cazorro

▪   Marta García

▪   Alba Quiroga

▪   Laura Millán

NADADORAS CNS PONTEVEDRA QUE SUPERARON O NIVEL IV PENDIENTE DE LA NATACIÓN

◦   Laura Arias

◦   Sabela Marsillas

◦   Irena Penelas

Con estes resultados o CNS Pontevedra clasifica directamente a tres nadadoras (Laura Iglesias, Sabela Vázquez-Garza e Isabel Virel) para asistir a Granollers, os días 4 e 5 de abril, a ditos campionatos, que suman a Ana Hermida que xa tiña conseguida a clasificación.

Laura Arias, Sabela Marsillas e Irene Penelas acarician dita posibilidade xa que superaron todas as probas referentes ó Nivel IV nas partes de Figuras, Habilidades e Rutina, estando só pendentes de superar uhas probas de natación.

Pontevedra, 29 de XANEIRO de 2009

CNS PONTEVEDRA PROBA DE CONTROL DE NIVEIS III, IV, V e VI

O sábado 17 de xaneiro, na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, celebrarase a primeira proba da tempada de Control de Niveis III, IV, V e VI.

Esta competición está organizada polo CNS Pontevedra e a FEGAN, está incluida no calendario oficial de FEGAN para a presente tempada 2008 / 2009 e desenvolverase en xornada de mañá e de tarde co seguinte horario:

Arrequecemento Competición
Mañá 9:30 h. 10:30 h.
Tarde 16:00 h. 16:30 h.

Os clubs que participarán son os seguintes:

  • Club Sincro Ferrol
  • Club Sincro Pontevedra
  • CN Glaico-Sercoysa
  • CN Coruña Banco Gallego

O total das nadadoras participantes que intentarán superar o seu nivel persoal son 40:

◦   21 para nivel III

◦   15 para nivel IV

◦   3 para nivel V

◦   1 para nivel VI

O noso Club presenta a 12 nadadoras, sendo 7 para o nivel III e 5 para o nivel IV.

Desexámoslle sorte a todas as participantes porque moitas delas xóganse moito nestes controis xa que lles pode supoñer o poder pasar de competir nas competicións de Base ás competicións de Nivel ou obter o nivel suficiente para poder participar nun campionato de España.

Pontevedra, 2 de XANEIRO de 2009

CNS PONTEVEDRA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS DO CNS PONTEVEDRA

Convócase a os socios do CNS  Pontevedra (pais e nais das nadadoras) á Asamblea Xeral Ordinaria da asociación que terá lugar o venres 16 de xaneiro na Sala de Vídeo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva sita no 2º andar, ás 19,00 h. en primeira convocatoria e ás 19,30 h. en segunda convocatoria.

A Asamblea tratará os temas que se detallan na seguinte Orden do Día:

1.Lectura e aprobación, se procede, do acta anterior.

2.Memoria liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.

3.Aprobación do Presuposto para o seguinte exercicio.

4.Proxecto y propostas da Xunta Directiva.

5.Proposicións que formulen os socios y que terán que ir firmadas polo menos, polo 5% dos mesmos.

6.Comunicación de ampliación da Xunta Directiva.

7.Rogos y preguntas.

 Pontevedra, 30 de DECEMBRO de 2008

CNS PONTEVEDRA PARTICIPACIÓN DO CNS PONTEVEDRA NO HQR!

Nesta festa do deporte que organizou o Diario de Pontevedra o noso club colaborou con trinta nadadoras que deleitaron ó público asistente cunhas coreografías que amosaron toda a beleza e plasticidade deste espectacular deporte.

As exhibicións comezaron a partir das 10,00 h. e duraron ata as 12,45 h. Durante todo ese tempo foron admiradas pola xente que ía pasando polas sedes das diferentes modalidades deportivas que participaban no evento.

Os equipos do CNS Pontevedra que estiveron  presentes foron:

◦   Un equipo de Base

◦   Un equipo de Nivel categoría Alevín

◦   Un equipo de Nivel categoría Infantil

Un éxito o destas tres xornadas lúdicas que supoñen a promoción de opcións sas para a nosa xuventude.

Os nosos parabéns ó Diario de Pontevedra por retomar esta iniciativa que tanto fomenta o deporte en xeral e sobre todo para cidade de Pontevedra.

Pontevedra, 29 de DECEMBRO de 2008

CNS PONTEVEDRA PAOLA TIRADOS

Nuestra madrina, Paola, nos dedicó una foto con su Medalla de Plata Olímpica en Pekín (Beijing).

Las nadadoras se ilusionaron a tope con este regalo que les anima a entrenar más duro todavía sabiéndose observadas por toda una campeona.

¡ Gracias Paola y felicidades por tus grandes resultados y por haber sido reelegida recientemente como miembro del Comité Olímpico Español !

Pontevedra, 17 de NOVIEMBRE de 2008

CNS PONTEVEDRA INICIO DA TEMPADA 2008 / 2009

O Club Natación Sincronizada Pontevedra (CNS Pontevedra) afronta a presente campaña 2009 con ánimos renovados e marcando unha liña continuista co proxecto formado na tempada anterior.

Consideramos positivos os resultados da campaña pasada, xa que conseguimos acadar o subcampionato galego absoluto por clubs tanto na competición de Base como na de Nivel, amén de varios ouros e pratas nas categorías Infantil e Alevín.

Este ano incrementamos algo o número de participantes e somos un total de 80 nadadoras distribuidas entre 47 as de Club e 33 as de Escola, confiando tamén en manter a liña ascendente en canto a resultados.

Os niveis na natación sincronizada marcan o grao de especialización de cada nadadora, sendo o nivel VI o máximo permitido. Neste inicio da presente tempada, 42 das nosas xa lograron algún tipo de nivel persoal:

  • 6 nadadoras co nivel III
  • 11 nadadoras co nivel II
  • 25 nadadoras co nivel I

A próxima cita a temos o 20 de decembro, na piscina do CGTD, para intentar superar os niveis III e IV.

No tocante ós Equipos, competiremos a nivel galego cun total de 6, sendo 3 para a competición de Nivel (1 xuvenil, 1 infantil e 1 alevín) e outros 3 para a competición de Base (2 alevines e 1 infantil).

Para ir iniciando ás futuras campionas, temos 3 grupos de Escolas que participarán na IV edición do Trofeo Deputación de Pontevedra e na II edición do Trofeo Concello de Pontevedra, así como nas Exhibicións que se organicen ó longo da tempada.

No aspecto Técnico, continuamos coas adestradoras Beatriz Montes (como coordinadora), María Costoya e Myriam Viéitez; se substitúe a Paula Barbeito, que se foi a México, por Silvia Rey, á que consideramos como unha gran fichaxe, con experiencia técnica e formación humana e na que o Club ten depositadas moitas esperanzas.

Beatriz Montes compaxina a súa labor coa de adestradora de tecnificación da “sincro” galega.

Non nos doen prendas ó afirmar que este plantel é un luxo, que traballan como unha piña, e que son un pilar na importante evolución do CNS Pontevedra nas súas tres tempadas anteriores.

En canto á Xunta Directiva, mencionar as recentes incorporacións como vogais de Antonia Martínez López e de Rocío Torres Iglesias.

A natación sincronizada é sen dúbida un deporte completo e espectacular, que se atopa en expansión polo seu atractivo e fomentado polos grandes resultados da selección española.

Esta tempada, en Galicia, formáronse novos clubs para practicala e outros como o Náutico de Vigo, retomaron a sección despois de anos na que estivera abandonada.

Pontevedra, 4 de NOVEMBRO de 2008

CNS PONTEVEDRA ACTO DE INAUGURACIÓN TEMPADA 2008 / 2009

O xoves 11 de setembro celebrouse no Salón de Actos da Residencia Atlántico do CGTD o acto de inauguración da tempada 2008 / 2009 do CNS Pontevedra.

Son 80 as nadadoras repartidas en:

▪   3 grupos de Escolas

▪   Categoría Alevín: 1 equipo de Base e 1 equipo de Nivel

▪   Categoría Infantil: 2 equipos de Base e 1 equipo de Nivel

Asistiron as nadadoras e os seus pais, e acompañounos o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, D. Jesús Besteiro Macía.

Pontevedra, 17 de SETEMBRO de 20

Anuncios